2 dic 2010

El tiempo entre costuras de María Dueñas


A través deste libro coñecemos e paseamos polo Tetuán do final dos anos 30 e a decada dos 40.
É unha historia chea de emocións de todo tipo. Pero tamén está a protagonista chea de inseguridades e medos, típicos dunha muller do seu tempo con pouco mundo, e unha educación moi elemental, rodeada de xente que a vai empuxando e ela vai avanzando.
A novela ten un ritmo moi rápido e emocionante: hai intres que non podes deixar de ler, aínda que marche a luz.
As persoaxes das mulleres son moi variopintas pero cada unha delas ten a súa propia historia . Dende a nai de Sira, a protagonista, ata a señora Manolita ou Rosalinda. As descripcións son reais, con moita vida, recoñeces cada lugar que te describe,cada rasgo físico das persoas, cada recanto e detalle.

Aconsellamos empezar esta lectura un fin de semana longo porque costa deixalo.

14 jun 2010

"El club de los viernes"

Teño que comezar dando as grazas a Carmen por aconsellarnos este libro.
Os clubes de lectura, para o meu parecer, son como calquera xuntanza de xente onde bulen os intereses comúns por algo que fai que nos vexamos de vez en cando (chámeselle "Club de calceta",palillada, asociación de veciños ou clube deportivos)onde empezas facendo unha cousa e a propia vida do grupo te vai levando a un sitio ou a outro.Eso foi o que nos pasou con este libro. Unha colaboradora,experta lectora,xa nomeada antes, comentounos que lera este libro e lle gustará moito, que pagaba a pena lelo.Nós, de listas,vimos "o clube da calceta" e lëmolo. Despois de comentar no blog o que nos pareceu, esta boa amiga aclaraunos o erro: non era o "club da calceta" senón "El club de los viernes".Estes dous libros o único que teñen en común é o feito de que nos dous un grupo de mulleres se xunta coa excusa da calceta. No resto, non ten nada que ver.
Os comentarios sobre o primeiro xa os fixemos. "El club de los viernes" esta máis "feito", máis pensado, ten unha traxectoria e unha continuidade na obra ....Son varias historias, de varias mulleres, que se entrelazan,con un fio condutor que é a tenda de materiais de calceta onde se xuntan. Aparecen varios homes pero como persoaxes secundarios que teñen que estar (senón sería unha novela pouco real)pero sen darlle demasiada importancia.
Cada unha das mulleres, de distintas xeracións, distintas culturas e orixes aporta a esta novela as súas historias individuais e a súa vez, as historias que se van creando entre elas. Porque é inevitable, que cando un grupo de persoas se xunta habitualmente, se crean lazos máis ou menos fortes. Pensando ben....non vos parece que é coma calceta? Que cando os fios se cruzan vaise formando unha labor e se ese labor ten os fios tensos e ben pasados o traballo final é mais bonito e resistente?.
Non conto máis,só repetir o consello de Carmen: lédeo paga a pena.




Suprimir Cancelar
Etiquetas: amistad, callceta, mulleres

14 may 2010

Afrodita de Isabel Allende e a non xuntanza


Onte foi unha tarde un pouco rara:quedáramos para xuntarnos como cada xoves,cada dúas semanas;pero,por unhas cousas e outras, acabamos por non facelo.A pesares de que María fixera un pastel boísimo de chocolate,(un dos manxares afrodisiacos que se describen no libro e moi adictivo,diso dou fé).A receita non sei se a sacou do libro, haberá que preguntarlle a ela.
De tódolos xeitos, o pastel comémolo e tamén falamos do libro.
Dende a miña opinión é un libro extraño.O formato de edición ten unha letra excesivamente pequena, cos renglóns moi xuntos,nada agradable de ler.É un pouco paradóxico cando o contido do libro fala das delicias da vida e do disfrute destas: Os licores, os olores, a comida, os amantes, os espacios......
Non ten unha estructura moi clara.Iso si, ten partes moi simpáticas e sobre todo moi gráficas:podes imaxinar sen moito esforzo o que che esta contando.
Considérome unha fan de Isabel Allende e este non é nin moito menos o mellor libro que teño lido dela. Costoume moito acabalo. Si sodes fans da cociña, unha parte moi importante do libro dedícase a explicar receitas de cociña de todo tipo que teñen en común ser afrodisiacas, seica.Pero como non é o meu caso non lle encontrei o gusto ao tema.
O proximo libro vai ser " El club de los viernes" de Kate Jacobs.Para poder comparar con "O club da calceta" e sacar defectos, máis que nada. Ata o xoves 20.

22 abr 2010

Rematamos co "Club da calceta"

Xa rematamos co clube da calceta (non era sen tempo). Chegamos á convición de que non está mal, pero fáltalle a trama do libro. A introducción é moi boa, ben estruturada,.....O final é rápido,e demasiado doce. Na vida real non todo acaba moi ben. Na realidade, hai historias que rematan moi ben, outras ben, outras normal, e outras mal. Nos apetece saber como as vellas lla xogaron o cura, como conseguiron vivir xuntas varias delas, sendo tan diferentes, que pasou co pretendente da prostituta... Se alguén o sabe que se poña en contacto con nós.

25 mar 2010

O club da calceta

Estamos un pouco preguiceiras e non fixemos todos os deberes; non terminamos o libro pero pouco nos falta. O libro trata sobre seis historias de seis mulleres coas súas teimas persoais e as súas historias cotiás. Sen ter nada que ver unhas coas outras teñen cousas en común.
Levamos toda a tarde falando de multitude de cousas que teñen relación co libro pero non teñen nada que ver. O pouco que avanzou a sociedade!: as mulleres seguimos botando ó lombo as mesmas cousas de sempre e ademais esas cousas da "liberación da muller": traballar fóra, estar monísimas, guapísimas, depiladísimas,morenísimas,... e ademais somos fenómenas no traballo e super mamás.
A profe Susana di que vai ganchillar e regalarnos un "bob esponja", cunha técnica xaponesa que se chama "amigurimi", que é o último grito en Xapon: todo moi "faxion".
Por se queredes irvos ambientando, mentres acabamos o libro, aquí tedes unha mostra:

Se clicades na imaxe, teredes os primeiros pasos para empezar vós.
A ver o que pasa o próximo día!

4 mar 2010

Ollos de auga

Din que segundas partes nunca foron boas pero os libros de Domingo Villar melloran como o bo viño co tempo. Esta primeira parte non é mala pero segue deixandonos coa dubida de saber que pasa con Alba. Aprendemos un pouco sobre o Jazz, e Susana di que algunha das pezas é moi bonita.
O personaxe de Estévez esta máis simpático neste libro. Tamén decir,que hai menos personaxes e están tratados máis superficialmente que na "Praia dos afogados".
Nesta historia aparecen moitos tópicos: a muller fatal, homosexuais que teñen dobre vida....ó final todo se move polos cartos e o poder. As apariencias marcan o ritmo do libro.


O segunte libro: " O Clube da Calceta" de María Reymundez.Recomendado pola nosa amiga Carmen Sambade, a conserxe do centro e gran lectora.

18 feb 2010

A Praia dos afogados


A volta das festas do Entroido e con pouco solás de escribir e de pensar, vamos a contarvos as aventuras de Leo Caldas.
Lemos " A praia dos afogados " a 2ª parte dos libros escritos por Domingo Villar. Trata sobre a morte dun mariñeiro que aparece afogado nunha praia de Panxón, nun primeiro momento parece un suicidio pero o inspector Leo Caldas e o seu axudante decubren o crime. É divertido, cunha boa dose de intriga, cercano e fácil de ler. Ten personaxes moi interesantes e moi diferentes , que é mellor que descubrades.E unha historia as veces drámatica, con moitas pinceladas de humor e sorna galega. Onde mestura os costumes dun pobo mariñeiro cos dun policia que vive no trafego da cidade de Vigo. Fálase de comida, de viños, de paisaxes, de percebeiros furtivos, lobos de mar, ........bueno: estamos na casa. Dentro deste mundo de homes aparecen os personaxes das mulleres case que agachados . Un dos meus personaxes favoritos é o de Rebeca Neira, pola súa maneira de manexar a súa vida, algo tan dificil para unha muller nun pobo pequeno. O axudante de Leo Caldas, Estévez resulta moi simpático ainda que anda un pouco perdido por estes lares. Alba tenos a todas intrigadas e por iso imos ler a primeira entrega que se títula " Ollos de Auga".
Por si queredes ir abrindo boca premede aqui para escoitar a música que asubiaba o difunto antes de finar.

4 feb 2010

Xa lemos "La isla bajo el mar"


Neste video Isabel Allende nos resume cal foi o proceso de investigación e redacción do seu último libro "La isla bajo el mar" .

Este libro siguenos demostrando que as mulleres son moi fortes en todas as épocas da vida. Zarité é imprescincible dende o momento que entra na vida do seu amo ata as últimas páxinas do libro . Ademais é nai protectora , confidente, sumisa ,traballadora, intelixente...o vivo retrato de mais dunha das nosas avoas .Quen non coñece a alguén que tivo que facer de todo para criar unha recua de fillos, atender a casa , os vellos , os animais , a terra ,...... ?

Este tema fainos pensar que hoxe temos moi pouca capacidade de sufrimento .Todo nos parece un mundo, todo nos agobia,....quizás porque non se nos ensina a superar as frustracións .Estas son unha parte moi importante da nosa educación. Esta vida non é color de rosa , ás veces gris , ás veces lila , ás veces vermello pasión......Tamén temos que saber enfrentala cando é negra e sobre todo ensinarlles os nosos nenos e nenas que é asi.

O tema do poder dos ricos sobre os pobres é outro dos que se toca . Chegando o punto de que o señor pode ter descencencia coas escravas e logo vendelos, dispoñer delas o seu gusto, repudialas. Isto segue a ser un tema de plena actualidade.