28 feb. 2011

xuntanza con Rosa Aneiros




O pasado xoves , día 17 de febreiro, as 16:30 tivemos una xuntanza coa autora do libro Rosa Aneiros.Nós xa tiñamos referencias dela polo clube de lectura do IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto. Xa nos dixeran que era unha rapaza cercana, moi agradable e unha gran conversadora. Agora podemos dar fe de que é así.
Estivemos máis de dúas horas facendo moitas preguntas sobre o libro. Descubrimos como xundiu a idea de escribilo (comezando polo final) e como prepara ela a documentación cando pensa nunha historia . Tamén nos dixo como chegara ela a escribir e publicar os seus libros.
Algo que nos chamou especialmente a atención foron os seus comentarios sobre o seu traballo como escritora: os libros e as súas historias son dela mentras as escribe; no momento que saen publicadas son de cada un dos lectores que as len. Por suposto, o final de resistencia é o que cada quen queira imaxinar;tampouco non nos desvelou cal era o seu final.
Falamos doutros libros bos e malos.
Poderiamos calificala como unha tarde moi agradable entre amigos con café e tarta de mazá.
Grazas Rosa por visitarnos e Susana por organizalo .

25 feb. 2011

resistencia ou resistencias?

Resistencia o réxime de Salazar ou pequenas resistencias da vida de cada quen?
Resistencia de Isaura e Antonio a un amor clandestino. Resistencia de Dona Leonor a unha vida como viúva ,primeiro de vivos e despois de mortos ;resistencia a norte da súa filla ;a non descubrir o amor de Filipa e Dinis ; e volta á resistencia da emigración.Resistencia de Roi a ausencia de seu pai ;a morte da súa irmá e a súa dona;á emigración
Resistencia a soidade da cada un deles .Todos dalgún xeito sentían esa soidade ademais da necesidade de non exteriorizar os seus sentimentos, as penas, as ledicias, as inquedanzas.
O amor de Dinis e Filipa é a desculpa para que coñezamos un pouco máis a historia da Revoluçión dos cravos de Portugal. Tamén coñecemos con todo luxo de detalles a xeografía de Peniche, Marihna Grande, SanPedro de Moel, Óbidos….Que vale moito a pena ver en vivo e en directo.
Tamén nos fixo pensar sobre o feito de que un impulso idealista pode cambiar de unha hora para outra a vida de moitas persoas.

San Pedro de Moelle(praza de Guillerme Stephen e Praia)







Peniche
(igrexa de San Pedro no centro da vila)


(Igrexa dos Remedios)

Fortaleza (antiga cárcere de presos políticos durante o réxime de Salazar).




Obidos

2 dic. 2010

El tiempo entre costuras de María Dueñas


A través deste libro coñecemos e paseamos polo Tetuán do final dos anos 30 e a decada dos 40.
É unha historia chea de emocións de todo tipo. Pero tamén está a protagonista chea de inseguridades e medos, típicos dunha muller do seu tempo con pouco mundo, e unha educación moi elemental, rodeada de xente que a vai empuxando e ela vai avanzando.
A novela ten un ritmo moi rápido e emocionante: hai intres que non podes deixar de ler, aínda que marche a luz.
As persoaxes das mulleres son moi variopintas pero cada unha delas ten a súa propia historia . Dende a nai de Sira, a protagonista, ata a señora Manolita ou Rosalinda. As descripcións son reais, con moita vida, recoñeces cada lugar que te describe,cada rasgo físico das persoas, cada recanto e detalle.

Aconsellamos empezar esta lectura un fin de semana longo porque costa deixalo.

14 jun. 2010

"El club de los viernes"

Teño que comezar dando as grazas a Carmen por aconsellarnos este libro.
Os clubes de lectura, para o meu parecer, son como calquera xuntanza de xente onde bulen os intereses comúns por algo que fai que nos vexamos de vez en cando (chámeselle "Club de calceta",palillada, asociación de veciños ou clube deportivos)onde empezas facendo unha cousa e a propia vida do grupo te vai levando a un sitio ou a outro.Eso foi o que nos pasou con este libro. Unha colaboradora,experta lectora,xa nomeada antes, comentounos que lera este libro e lle gustará moito, que pagaba a pena lelo.Nós, de listas,vimos "o clube da calceta" e lëmolo. Despois de comentar no blog o que nos pareceu, esta boa amiga aclaraunos o erro: non era o "club da calceta" senón "El club de los viernes".Estes dous libros o único que teñen en común é o feito de que nos dous un grupo de mulleres se xunta coa excusa da calceta. No resto, non ten nada que ver.
Os comentarios sobre o primeiro xa os fixemos. "El club de los viernes" esta máis "feito", máis pensado, ten unha traxectoria e unha continuidade na obra ....Son varias historias, de varias mulleres, que se entrelazan,con un fio condutor que é a tenda de materiais de calceta onde se xuntan. Aparecen varios homes pero como persoaxes secundarios que teñen que estar (senón sería unha novela pouco real)pero sen darlle demasiada importancia.
Cada unha das mulleres, de distintas xeracións, distintas culturas e orixes aporta a esta novela as súas historias individuais e a súa vez, as historias que se van creando entre elas. Porque é inevitable, que cando un grupo de persoas se xunta habitualmente, se crean lazos máis ou menos fortes. Pensando ben....non vos parece que é coma calceta? Que cando os fios se cruzan vaise formando unha labor e se ese labor ten os fios tensos e ben pasados o traballo final é mais bonito e resistente?.
Non conto máis,só repetir o consello de Carmen: lédeo paga a pena.




Suprimir Cancelar
Etiquetas: amistad, callceta, mulleres

14 may. 2010

Afrodita de Isabel Allende e a non xuntanza


Onte foi unha tarde un pouco rara:quedáramos para xuntarnos como cada xoves,cada dúas semanas;pero,por unhas cousas e outras, acabamos por non facelo.A pesares de que María fixera un pastel boísimo de chocolate,(un dos manxares afrodisiacos que se describen no libro e moi adictivo,diso dou fé).A receita non sei se a sacou do libro, haberá que preguntarlle a ela.
De tódolos xeitos, o pastel comémolo e tamén falamos do libro.
Dende a miña opinión é un libro extraño.O formato de edición ten unha letra excesivamente pequena, cos renglóns moi xuntos,nada agradable de ler.É un pouco paradóxico cando o contido do libro fala das delicias da vida e do disfrute destas: Os licores, os olores, a comida, os amantes, os espacios......
Non ten unha estructura moi clara.Iso si, ten partes moi simpáticas e sobre todo moi gráficas:podes imaxinar sen moito esforzo o que che esta contando.
Considérome unha fan de Isabel Allende e este non é nin moito menos o mellor libro que teño lido dela. Costoume moito acabalo. Si sodes fans da cociña, unha parte moi importante do libro dedícase a explicar receitas de cociña de todo tipo que teñen en común ser afrodisiacas, seica.Pero como non é o meu caso non lle encontrei o gusto ao tema.
O proximo libro vai ser " El club de los viernes" de Kate Jacobs.Para poder comparar con "O club da calceta" e sacar defectos, máis que nada. Ata o xoves 20.

22 abr. 2010

Rematamos co "Club da calceta"

Xa rematamos co clube da calceta (non era sen tempo). Chegamos á convición de que non está mal, pero fáltalle a trama do libro. A introducción é moi boa, ben estruturada,.....O final é rápido,e demasiado doce. Na vida real non todo acaba moi ben. Na realidade, hai historias que rematan moi ben, outras ben, outras normal, e outras mal. Nos apetece saber como as vellas lla xogaron o cura, como conseguiron vivir xuntas varias delas, sendo tan diferentes, que pasou co pretendente da prostituta... Se alguén o sabe que se poña en contacto con nós.

25 mar. 2010

O club da calceta

Estamos un pouco preguiceiras e non fixemos todos os deberes; non terminamos o libro pero pouco nos falta. O libro trata sobre seis historias de seis mulleres coas súas teimas persoais e as súas historias cotiás. Sen ter nada que ver unhas coas outras teñen cousas en común.
Levamos toda a tarde falando de multitude de cousas que teñen relación co libro pero non teñen nada que ver. O pouco que avanzou a sociedade!: as mulleres seguimos botando ó lombo as mesmas cousas de sempre e ademais esas cousas da "liberación da muller": traballar fóra, estar monísimas, guapísimas, depiladísimas,morenísimas,... e ademais somos fenómenas no traballo e super mamás.
A profe Susana di que vai ganchillar e regalarnos un "bob esponja", cunha técnica xaponesa que se chama "amigurimi", que é o último grito en Xapon: todo moi "faxion".
Por se queredes irvos ambientando, mentres acabamos o libro, aquí tedes unha mostra:

Se clicades na imaxe, teredes os primeiros pasos para empezar vós.
A ver o que pasa o próximo día!