28 feb 2011

xuntanza con Rosa Aneiros




O pasado xoves , día 17 de febreiro, as 16:30 tivemos una xuntanza coa autora do libro Rosa Aneiros.Nós xa tiñamos referencias dela polo clube de lectura do IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto. Xa nos dixeran que era unha rapaza cercana, moi agradable e unha gran conversadora. Agora podemos dar fe de que é así.
Estivemos máis de dúas horas facendo moitas preguntas sobre o libro. Descubrimos como xundiu a idea de escribilo (comezando polo final) e como prepara ela a documentación cando pensa nunha historia . Tamén nos dixo como chegara ela a escribir e publicar os seus libros.
Algo que nos chamou especialmente a atención foron os seus comentarios sobre o seu traballo como escritora: os libros e as súas historias son dela mentras as escribe; no momento que saen publicadas son de cada un dos lectores que as len. Por suposto, o final de resistencia é o que cada quen queira imaxinar;tampouco non nos desvelou cal era o seu final.
Falamos doutros libros bos e malos.
Poderiamos calificala como unha tarde moi agradable entre amigos con café e tarta de mazá.
Grazas Rosa por visitarnos e Susana por organizalo .

25 feb 2011

resistencia ou resistencias?

Resistencia o réxime de Salazar ou pequenas resistencias da vida de cada quen?
Resistencia de Isaura e Antonio a un amor clandestino. Resistencia de Dona Leonor a unha vida como viúva ,primeiro de vivos e despois de mortos ;resistencia a norte da súa filla ;a non descubrir o amor de Filipa e Dinis ; e volta á resistencia da emigración.Resistencia de Roi a ausencia de seu pai ;a morte da súa irmá e a súa dona;á emigración
Resistencia a soidade da cada un deles .Todos dalgún xeito sentían esa soidade ademais da necesidade de non exteriorizar os seus sentimentos, as penas, as ledicias, as inquedanzas.
O amor de Dinis e Filipa é a desculpa para que coñezamos un pouco máis a historia da Revoluçión dos cravos de Portugal. Tamén coñecemos con todo luxo de detalles a xeografía de Peniche, Marihna Grande, SanPedro de Moel, Óbidos….Que vale moito a pena ver en vivo e en directo.
Tamén nos fixo pensar sobre o feito de que un impulso idealista pode cambiar de unha hora para outra a vida de moitas persoas.

San Pedro de Moelle(praza de Guillerme Stephen e Praia)







Peniche
(igrexa de San Pedro no centro da vila)


(Igrexa dos Remedios)

Fortaleza (antiga cárcere de presos políticos durante o réxime de Salazar).




Obidos