25 mar 2010

O club da calceta

Estamos un pouco preguiceiras e non fixemos todos os deberes; non terminamos o libro pero pouco nos falta. O libro trata sobre seis historias de seis mulleres coas súas teimas persoais e as súas historias cotiás. Sen ter nada que ver unhas coas outras teñen cousas en común.
Levamos toda a tarde falando de multitude de cousas que teñen relación co libro pero non teñen nada que ver. O pouco que avanzou a sociedade!: as mulleres seguimos botando ó lombo as mesmas cousas de sempre e ademais esas cousas da "liberación da muller": traballar fóra, estar monísimas, guapísimas, depiladísimas,morenísimas,... e ademais somos fenómenas no traballo e super mamás.
A profe Susana di que vai ganchillar e regalarnos un "bob esponja", cunha técnica xaponesa que se chama "amigurimi", que é o último grito en Xapon: todo moi "faxion".
Por se queredes irvos ambientando, mentres acabamos o libro, aquí tedes unha mostra:

Se clicades na imaxe, teredes os primeiros pasos para empezar vós.
A ver o que pasa o próximo día!

4 mar 2010

Ollos de auga

Din que segundas partes nunca foron boas pero os libros de Domingo Villar melloran como o bo viño co tempo. Esta primeira parte non é mala pero segue deixandonos coa dubida de saber que pasa con Alba. Aprendemos un pouco sobre o Jazz, e Susana di que algunha das pezas é moi bonita.
O personaxe de Estévez esta máis simpático neste libro. Tamén decir,que hai menos personaxes e están tratados máis superficialmente que na "Praia dos afogados".
Nesta historia aparecen moitos tópicos: a muller fatal, homosexuais que teñen dobre vida....ó final todo se move polos cartos e o poder. As apariencias marcan o ritmo do libro.


O segunte libro: " O Clube da Calceta" de María Reymundez.Recomendado pola nosa amiga Carmen Sambade, a conserxe do centro e gran lectora.