14 may 2010

Afrodita de Isabel Allende e a non xuntanza


Onte foi unha tarde un pouco rara:quedáramos para xuntarnos como cada xoves,cada dúas semanas;pero,por unhas cousas e outras, acabamos por non facelo.A pesares de que María fixera un pastel boísimo de chocolate,(un dos manxares afrodisiacos que se describen no libro e moi adictivo,diso dou fé).A receita non sei se a sacou do libro, haberá que preguntarlle a ela.
De tódolos xeitos, o pastel comémolo e tamén falamos do libro.
Dende a miña opinión é un libro extraño.O formato de edición ten unha letra excesivamente pequena, cos renglóns moi xuntos,nada agradable de ler.É un pouco paradóxico cando o contido do libro fala das delicias da vida e do disfrute destas: Os licores, os olores, a comida, os amantes, os espacios......
Non ten unha estructura moi clara.Iso si, ten partes moi simpáticas e sobre todo moi gráficas:podes imaxinar sen moito esforzo o que che esta contando.
Considérome unha fan de Isabel Allende e este non é nin moito menos o mellor libro que teño lido dela. Costoume moito acabalo. Si sodes fans da cociña, unha parte moi importante do libro dedícase a explicar receitas de cociña de todo tipo que teñen en común ser afrodisiacas, seica.Pero como non é o meu caso non lle encontrei o gusto ao tema.
O proximo libro vai ser " El club de los viernes" de Kate Jacobs.Para poder comparar con "O club da calceta" e sacar defectos, máis que nada. Ata o xoves 20.

2 comentarios:

  1. Xa sabía eu que me había perder algo bó... pero non supoñía que ía ser tan bó! Menos mal que, estando a dieta, teño unha boa disculpa (mal que me pese). A min o libro tamén me despista algo, pero teño que recoñecer que houbo algún párrafo que me fixo rir de verdade...É que parece que escribe directamente o que pensa, sen máis...

    ResponderEliminar
  2. sodes unhas lectoras incribles. Aínda que o libro non vos cause boa impresión, sodes capaces de sacarlle proveito...ademais "bo proveito"...xa que esa tarta de chocolate tiña que estar deliciosa. É certo que a lectura ten que entrar por todos os sentidos.

    ResponderEliminar