18 feb 2010

A Praia dos afogados


A volta das festas do Entroido e con pouco solás de escribir e de pensar, vamos a contarvos as aventuras de Leo Caldas.
Lemos " A praia dos afogados " a 2ª parte dos libros escritos por Domingo Villar. Trata sobre a morte dun mariñeiro que aparece afogado nunha praia de Panxón, nun primeiro momento parece un suicidio pero o inspector Leo Caldas e o seu axudante decubren o crime. É divertido, cunha boa dose de intriga, cercano e fácil de ler. Ten personaxes moi interesantes e moi diferentes , que é mellor que descubrades.E unha historia as veces drámatica, con moitas pinceladas de humor e sorna galega. Onde mestura os costumes dun pobo mariñeiro cos dun policia que vive no trafego da cidade de Vigo. Fálase de comida, de viños, de paisaxes, de percebeiros furtivos, lobos de mar, ........bueno: estamos na casa. Dentro deste mundo de homes aparecen os personaxes das mulleres case que agachados . Un dos meus personaxes favoritos é o de Rebeca Neira, pola súa maneira de manexar a súa vida, algo tan dificil para unha muller nun pobo pequeno. O axudante de Leo Caldas, Estévez resulta moi simpático ainda que anda un pouco perdido por estes lares. Alba tenos a todas intrigadas e por iso imos ler a primeira entrega que se títula " Ollos de Auga".
Por si queredes ir abrindo boca premede aqui para escoitar a música que asubiaba o difunto antes de finar.

4 comentarios:

  1. Noraboa pola iniciativa, é moi motivador para as encargadas da Biblioteca ver como se achegan a lectura e as novas tecnoloxía as nais.
    Biblioteca IES República O.do Uruguai

    ResponderEliminar
  2. Acabo de ler a vosa entrada no blog, e movida pola curiosidade, escoitei a melodía que asubiaba o difunto antes de finar...curioso que un mariñeiro coñeza esa peza musical...Non me vai quedar máis remedio que ler o libro.
    Grazas por presentalo dun xeito tan atractivo.

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas polo voso apoio. A verdade é que nos gustan moito todas as actividades relacionadas coa lectura e si por riba nos serven para axudar @s nos@s fill@s mellor. O que sentimos é que non participen máis nais ou pais e se podan facer máis cousas e máis divertidas.
    Pero bueno, esto é o que hai.....

    ResponderEliminar
  4. "Estévez", apellido muy gallego

    ResponderEliminar