4 feb 2010

Xa lemos "La isla bajo el mar"


Neste video Isabel Allende nos resume cal foi o proceso de investigación e redacción do seu último libro "La isla bajo el mar" .

Este libro siguenos demostrando que as mulleres son moi fortes en todas as épocas da vida. Zarité é imprescincible dende o momento que entra na vida do seu amo ata as últimas páxinas do libro . Ademais é nai protectora , confidente, sumisa ,traballadora, intelixente...o vivo retrato de mais dunha das nosas avoas .Quen non coñece a alguén que tivo que facer de todo para criar unha recua de fillos, atender a casa , os vellos , os animais , a terra ,...... ?

Este tema fainos pensar que hoxe temos moi pouca capacidade de sufrimento .Todo nos parece un mundo, todo nos agobia,....quizás porque non se nos ensina a superar as frustracións .Estas son unha parte moi importante da nosa educación. Esta vida non é color de rosa , ás veces gris , ás veces lila , ás veces vermello pasión......Tamén temos que saber enfrentala cando é negra e sobre todo ensinarlles os nosos nenos e nenas que é asi.

O tema do poder dos ricos sobre os pobres é outro dos que se toca . Chegando o punto de que o señor pode ter descencencia coas escravas e logo vendelos, dispoñer delas o seu gusto, repudialas. Isto segue a ser un tema de plena actualidade.

3 comentarios:

  1. Noraboa polo voso traballo. É digno de valorar o esforzo que amosades tendo en conta que sodes nais, mulleres traballadoras, amas de casa..., sin embargo sabedes buscar uns minutos para cultivar o espíritu e compartir coas demais as emocións que proporciona unha boa lectura. Grazas a vós, tamén as demais podemos disfrutar do contido dun bo libro lendo os vosos comentarios.
    Ánimo e seguide adiante.
    Unha aperta.

    Aurelia

    ResponderEliminar
  2. É un tema moi interesante, o da escravitude. Hai un libro moi especial , non sei se o coñecedes que se chama "Que blanca tan bonita soy". copio a reseña que colgamos en Mesturas no seu momento:

    " En ningún momento ten o lector adulto a sensación de estar ante unha peza prefabricada, de escaso valor literario, composta para defender determinados valores ante os supostos novos lectores. O tema está exposto dende o punto de vista do opresor, a opresora, neste caso: unha nena que entra na adolescencia nunha sociedade en que todo transcorre cunha lentitude exasperante e os poucos, pero intensos acontecementos, sacoden o lector como lategazos.

    Novela moi curta que se le dun tirón e é, na nosa opinión, extraordinaria e moi diferente aos libros que acostuma ler a rapazada; exemplifica perfectamente como a forma narrativa pode determinar a calidade do contido e como a boa literatura pode estar ao alcance de calquera.



    Qué blanca más bonita soy de Dolf Verroen recibiu, entre outros, os seguintes galardóns:
    - Premio Alemán de Literatura Infantil 2006
    - Premio da Paz Gustav Heinemann para Libros Infantís 2006
    - Luchs des Monats (Lince do Mes) do semanario Die Zeit e Radio Bremen
    - Eule deas Monats (Curuxa do Mes), do Bulletin Jugend & Literatur (Boletín Xuventude e Literatura).
    - Die Besten Sieben( Os Sete Mellores) de 2006, de Deutschlandfunk ( Radio Alemaña) .

    Ah e Parabéns pola iniciativa. É moi interesante.
    charo
    Pontevedra

    ResponderEliminar
  3. A min o voso esforzo e ganas de aprender parécenme....¡case milagrosos! Noraboa por esa actitude ante a educación.

    ResponderEliminar