25 mar 2010

O club da calceta

Estamos un pouco preguiceiras e non fixemos todos os deberes; non terminamos o libro pero pouco nos falta. O libro trata sobre seis historias de seis mulleres coas súas teimas persoais e as súas historias cotiás. Sen ter nada que ver unhas coas outras teñen cousas en común.
Levamos toda a tarde falando de multitude de cousas que teñen relación co libro pero non teñen nada que ver. O pouco que avanzou a sociedade!: as mulleres seguimos botando ó lombo as mesmas cousas de sempre e ademais esas cousas da "liberación da muller": traballar fóra, estar monísimas, guapísimas, depiladísimas,morenísimas,... e ademais somos fenómenas no traballo e super mamás.
A profe Susana di que vai ganchillar e regalarnos un "bob esponja", cunha técnica xaponesa que se chama "amigurimi", que é o último grito en Xapon: todo moi "faxion".
Por se queredes irvos ambientando, mentres acabamos o libro, aquí tedes unha mostra:

Se clicades na imaxe, teredes os primeiros pasos para empezar vós.
A ver o que pasa o próximo día!

2 comentarios:

  1. Ao chegar a casa e pensar no que estivemos facendo o xoves pola tarde, pensei que nós tamén funcionamos como un "club da calceta". Xa o dixo Teresa, verdade? E onte estivemos tamén tecendo un "labor" interesante. As que somos aficionadas aos labores estamos moi satisfeitas cando rematamos o noso xersei, o gorriño, ou o tapete para a mesa camilla. Pero detrás desa peza acabada hai miles de pasadas de fio, miles de puntadas, miles de cadenetas, das que fan "callo" no dedo... O mesmo pasa coa tarde do xoves. Detrás da entrada do blog hai tantos comentarios, tantas risas, tantas lembranzas, tantas experiencias compartidas, que sería imposible contalas, e verquelas neste pequeno espazo que é o blog. Queda bonita a peza, é verdade, pero nós sabemos ben o que se fixo para compoñela: nós tamén temos un club da calceta.

    ResponderEliminar
  2. Un club da calceta é coma unha palillada, das de antes, onde as mulleres se xuntaban para falar das súas cousas. Un territorio onde os homes ,os mozos, entraban só apartires de certas horas.Polo que teño oido a miña nai,nesas palilladas ou nesas costuras se axudaban unhas as outras nunhas épocas onde as mulleres non tiñan máis axuda que a "dos seus", a sua familia, os seua veciños ,as amistades. Tenme contado historias que súa nai lle contou a súa vez a ela que ben poderían aparecer neses libros que falan de homes memorables e nos que case nunca aparece a xente humilde e moito menos as mulleres.
    si que falamos de moitas cousas nas xuntanzas dos xoves que non aparecen no blog, non porque teñamos nada que agochar, sinon porque somos moi faladoriñas e un tema leva o outro e cando nos sentamos diante do ordenador mitade dos temas xa non os lembrados.

    ResponderEliminar